CircoEuropa – I Encontro Jeunes Talents Cirque Europe – del 17 al 29 de junio – Santiago de Compostela

Santiago de Compostela converterase do 17 ao 29 de xuño no epicentro do novo circo europeo da man de Circo Europa (I Encontro Jeunes Talents Cirque Europe), no cal se darán cita un total de 70 artistas emerxentes e profesionais das artes circenses e escénicas en xeral.
Organizado polo Centro Dramático Galego (CDG) en colaboración coa Asociación Galega de Novo Circo e Cabaré Pistacinco e co Xacobeo 2010, Circo Europa combina unha vertente estritamente formativa coa exhibición de espectáculos e outras actividades abertas tanto ao público xeral como á activa comunidade artística que se dedica ao novo circo en Galicia.

Circo Europa a Escena
A presentación dos espectáculos Rúa Aire, da compañía O Retrete de Dorian Gray, o día 23 de xuño e Mi otro yo, da formación hispano-belga Doble Mandoble, os días 26 e 27 de xuño serán dúas das accións paralelas de Circo Europa. O Salón Teatro albergará estes dous espectáculos como parte da programación aberta ao público xeral.

Martes 22 de xuño
Rúa Aire. O Retrete de Dorian Grey
Horario: 21.30 h
Lugar: Salón Teatro

Sábado 26 e domingo 27 de xuño
Mi otro yo. Doble Mandoble
Horario: 21.30 h
Lugar: Salón Teatro

I Circo Europa Party
Circo Europa despedirase do público compostelán o martes 29 de xuño ás 21.30 h cunha gran festa do circo dirixida pola troupe de Pistacinco. Participarán nela artistas locais e parte dos creadores europeos convidados ao encontro, entre eles os integrantes de Duelirium e Circo Expreso, as dúas formacións galegas clasificadas respectivamente entre as finalistas e vencedoras do programa Jeunes Talents Cirque Europe 2009-2010.

IDEAS · CIRCOTECA

Descubre más en

Zirkólika

La cultura circense para los zirkólikos culturales.
Las artes circenses en su máxima expresión: impreso y online, para leer, ver, escuchar, experimentar y comprar.
^